luns, 6 de xuño de 2016

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

A semana pasada os alumnos de Infantil desfrutaron dunhas visitas moi especiais: un grupo de contacontos moi "familiar" que fixo as delicias dos pequenos.   
Como xa nos explicaron desde O Fogar dos libros, e xa que as nais e os pais son figura fundamental no desenvolvemento dos nenos, invitámosvos á biblioteca para  que nos contásedes contos, para que falásedes con nós e nos ensinásedes un pedaciño de vós. 
Esperamos que estes encontros supoñan só o inicio dunha actividade tan atractiva para todos que desexamos que se repita cada curso.
Aquí vos deixamos as fotos das visitas e oxalá o próximo curso moitos máis vos animedes. Ide pensando contos...